Saltar ao contido

De profundis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ficha técnica
ProdutorPancho Casal
GuiónMiguelanxo Prado
MúsicaNani García
MontaxeGuillermo Represa
Na rede
https://www.miguelanxoprado.com/obra/animacion/de-profundis
IMDB: tt0482925 Filmaffinity: 642859 Rottentomatoes: m/de-profundis-from-the-sea Allmovie: v388023 Editar o valor en Wikidata

De profundis é unha produción galega do ano 2006 dirixida por Miguelanxo Prado.

Trátase dunha longametraxe de animación de 71 minutos de duración que narra unha historia con raíces nos mitos das culturas atlánticas. Os protagonistas da película son un pintor que soña ser mariñeiro e pescador e unha muller que toca o violoncello, namorados e compartindo unha casa no medio do mar.

A produción corre a cargo de Continental Producciones, S.A., Desembarco Producións, S.L., Estrella Galicia e Zeppelin Filmes, mentres que a distribuidora foi Biblos Clube de Lectores. A cinta estreouse o 17 de xaneiro de 2007 e foi nomeada aos premios Goya de 2006 na categoría de mellor longametraxe de animación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]